Saturday 20 de April de 2024

Arranque das xeorrutas de Semana Santa


Hoxe iniciamos o programa de xeorrutas de Semana Santa organizado polos concellos de Cedeira, Ortigueira e Moeche. A primeira foi a da praia das areas negras de Teixidelo (as fotos son do comezo da ruta) e este xoves tócanos programa dobre coas prazas completas desde hai días: pola mañá Xeorruta do Toelo por terras de Moeche e pola tarde Xeorruta dos Penidos percorrendo a banda sur da serra da Capelada.

O último itinerario divulgativo na compaña de Fran Canosa será o sábado á tarde, de 16:30 a 20:30h., voltando ao cruceiro de Teixidelo para facer a Xeorruta do Cromo ao longo dos cantís máis elevados da Europa continental.

Só quedan dúas prazas libres das 20 ofertadas, que poden reservarse nesta ligazón https://goo.gl/xmgeSb